Isaac Ferreira, poeta e dramaturgo xa consolidado que se deu a coñecer nos Cadernos da Escola Dramática Galega, constitúe sen dúbida unha das voces máis orixinais da dramaturxia galega. En A fonte do bidueiro utiliza unha linguaxe poética moi coidada e fundamentalmente dramática como a que caracteriza o conxunto da súa obra.