No presente volume dedicado á Emigración, abórdanse temas como as causas e os efectos da emigración, o debate de comezos do século XX sobre o problema migratorio, as remesas de diñeiro americano, a emigración intrapeninsular, o asociacionismo desenvolvido polos emigrantes en América e a súa proxección política. O presente traballo pretende poñer nas mans de estudiantes e afeccionados á Historia os documentos básicos para a adecuada interpretación e comprensión da historia máis recente de Galiza.
