A presente Historia da paisaxe é unha ferramenta indispensable para comprender a evolución desa idea estética en Galicia. No primeiro tomo vimos como as prácticas paisaxeiras a pintura, as descricións literarias e os xardíns artísticos apenas se desenvolveron en Galicia entre 1517 e 1700. Anos de auténtico rigor moral, sinxelamente non apareceu o espazo necesario para o seu florecemento. Neste segundo tomo fálase da etapa que ten lugar entre comezos do século dezaoito e 1833. Agora, aos novos poemas e descricións do país súmanse os xardíns dos pazos e os primeiros pintores paisaxistas profesionais. Como podemos explicar a curiosa coincidencia cronolóxica que se da na aparición destas novidades? Segundo o autor, todo apunta a que os productos xurdiron agora das mentes de escritores, artistas e mecenas vinculados cun movemento concreto, unha elite social e intelectual coñecida con nome de Ilustración. Só despois de que un puñado de renovadores comezase a observar con atención o contorno, puido iniciarse a súa explotación como fonte de pracer estético.