A despensa de area. Cambio social e formas productivas no sector marisqueiro das Rías Baixas galegas aborda o estudio desta actividade económica desde unha perspectiva na que se considera como un todo, e non como parte doutro sector máis amplo: o pesqueiro. É precisamente esta perspectiva de conxunto a que permite que afloren os determinismos sociais, culturais e económicos particulares ós que se somete o traballo dos mariscadores e das mariscadoras e que o mesmo apareza como unha actividade con personalidade propia.Os resultados deste traballo poñen de manifesto o momento crucial polo que está atravesando o sector no seu camiño cara á modernización e vertebración interna, e os atrancos que deberá remover se quere garantir un espacio entre as actividades económicas do ano dous mil.