A cidade aí está, diante dos ollos, xa constituída e en pleno desenvolvemento. García Sabell fala sobre a complexidade dunha urbe con gozo de existencia, coa alma á intemperie. Cidade de elegantes convivencias e de desprendidas humanizacións. Cidade pola que discorre o rumor do pasado, un rumor discreto. Un rumor, en fin, de vida comunicadora. Acompaña o relato unha narración visual onde se descobre A Coruña en máis de duascentas fotografías de gran calidade estética.