A un rei apesarado os problemas chóvenlle por todas partes. Logo de observalo con atención, unha comisión de sabios resolve que lle convén cambiar de hábitos: pasear, facer exercicio pero, ante todo, cambiar de dieta. A falta dun bo chef, optan por convocar o posto e cubrir a vacante. Unha historia que desborda optimismo polos catro costados e que nos ensina a valorar a cociña, non só como base da nosa cultura, senon como parte da nosa vida e das nosas emocións.