Resultados de la búsqueda para: Ramón Cabanillas





RAMÓN CABANILLAS, CAMBADOS E O MAR DA AROUSA (FERNÁNDEZ REI, FRANCISCO)
Ramón Cabanillas, o «poeta arelado», é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco Fernández Rei (21 éditos e 9 inéditos) sobre a memoria de Cambados e, particularmente, a súa cultura mariñeira; sobre a entrega xenerosa do autor de " Vento mareiro " á dignificación de Galicia e á construción do galego literario, e sobre a presenza do mar da Arousa na súa obra e na doutros escritores, mesmo da Galicia interior, o que fai que ese mar sexa o de maior presenza na literatura galega moderna. Os textos, redactados entre 1999 e 2014 (agás dous do 1977), agrúpanse en cinco apartados: I) a memoria e as paisaxes de Cambados, II) notas biográficas e literarias de Cabanillas, III) a fala de Fefiñáns e a lingua literaria do escritor cambadés, IV) o mar en Cabanillas e o literario mar da Arousa, V) reivindicación e valorización de Ramón Cabanillas, símbolo do movemento agrarista e poeta das Irmandades da Fala, que no «inverno» franquista mantivo o compromiso co idioma e que nos anos cincuenta se embarcou na resistencia cultural do galeguismo.

RAMÓN CABANILLAS . CRÓNICA DE DESTERROS E SAUDADES (REI, LUÍS)
Velaquí unha biografía que combina testemuños, documentos e literatura para achegar o lector a unha das figuras que viviu de preto períodos e acontecementos fundamentais de Historia galega do século XX. Das Irmandades da Fala á Ditadura de Franco, da emigración cubana e o movemento agrarista ao galeguismo de posguerra e o mito do poeta da patria. Un relato contado co pulso do narrador e a obxectividade do auténtico cronista.

MAHALO. JUEGO DE HO’OPONOPONO PARA TODA LA FAMILIA (GARCÍA RUBIO, SANDRA / CABANILLAS CLARAMONTE, MARÍA JOSÉ)
'Mahalo' es un divertido juego de mesa basado en Ho´oponopono. La palabra 'Mahalo' es un término hawaiano que significa GRACIAS. A través del juego, conectamos con las diferentes palabras incluidas de la técnica, así como con las diferentes herramientas de Ho´oponopono. La dinámica del juego, divertida e idónea para niños y mayores, facilita la comprensión de la hermosa y profunda filosofía de este arte hawaiano, basado en el amor y en el perdón. Y lo mejor, ¡no podrás dejar de repetir para ganar!

DO A AO Z CON… CABANILLAS . CLÁSICOS EN VOCES CONTEMPORÁNEAS (CARIDE OGANDO RAMÓN)
As palabras esenciais e fondas de Ramón Cabanillas, un dos nosos poetas máis polifacéticos, son testemuñas da historia e dos soños; fálannos dun tempo de mudanzas e de loita pola identidade e polos dereitos básicos. Pero tamén lembran as raíces na aldea e no mar, a paisaxe de Cambados, as lendas artúricas, os grandes temas clásicos, o Alén...