Resultados de la búsqueda para: Manuel Lourenzo





UNHA PANTASMA NO COLEXIO (MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ)
Cando Andrés Miranda queda encerrado no colexio, apenas é capaz de imaxinar todas as aventuras que lle tocará vivir. Ás dificultades de encontrar unha saída, pois todas as portas están cerradas, sumaráselles a aparición duns malfeitores que entraron a roubar na escola e dunha pantasma que quere acabar coa vida do rapaz...

O DÍA DESPOIS DO DÍA (LOURENZO, MANUEL)
Cando despois do día só hai máis día e cando a noite non acaba de chegar, soños e realidade confúndense. No lle busques explicacións; simplemente, víveo. Porque é a hora da aventura, da amizade e do misterio.

ESTANISLAO, PRÍNCIPE DE SOFROVIA (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL)
O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz. Era só o anticipo da xuventude intensa, apaixonada e rebelde do que anos despois acabaría sendo o rei Tanis I, o Mocos. Estanislao era longueirón, cabezolo e narigudo, pero tiña un sorriso que encadeaba a todo o mundo. Educado por un equipo de pedagogos do palacio real, vivía rodeado de luxos. Os seus desexos cumpríanse ó instante, xa fora calquera ocorrencia para xogar ou calquera antollo para alomorzar ou cear. Os seus amigos alcumábano " o Mocos " , xa que sempre que lle proía o nariz metía o dedo en busca de mozos cos que facía boliñas que empregaba nos seus xogos.

NOITES DE PAPEL (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL)
Recolle dezanove relatos, a maior parte deles breves, que foron merecedores do Premio Café Dublín de Narrativa Curta, na súa edición do ano 1995. Dezanove relatos que son outras tantas " miraxes " , outras tantas perspectivas do mundo que somos: meniños que descobren a crueldade e a soidade do mundo, profesores de filosofía de COU-D que logran facer inesquecíbel a " Crítica da Razón Práctica " , periodistas que se suicidan para provocar o máis longo artículo de sucesos xamais editado... Os personaxes que desfilan por estas Noites de papel de Lourenzo (mulleres, homes, meniños) bulen, odian, aman, asómbranse, morren, choutan dun relato a outro dando chimpos, como coellos tirados do chapeu dun prestidixitador.

SUITE ARTABRIA (LOURENZO, MANUEL)
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo é un conxunto de tres pezas («Orzán», «O fulgor das atochas» e «Alerta na rúa do Pozo») con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado, «como un roteiro por algúns dos espazos máis representativos da Coruña»: o Orzán, as Atochas e a Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situacións límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantír a súa supervivencia.

FLOR DE AREA (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL)
«Son Amrah ben Dimas Ber Suhila al Targ, koblai por parte de nai, da tribo de Mastuq, e siria de Halab por parte de...» Flor de area é a historia dunha moza iraquí que, destinada a ser a doce esposa dun persoeiro principal, se atreveu a rachar coa inercia para exercer de muller, de nai, de traballadora, de amante, de patriota, na cerna dunha sociedade conservadora e baixo a opresión da dominación estranxeira. Obra que continúa o relato comezado en Irmán do vento (Xerais, Premio Merlín 2003), Flor de area é tamén a crónica dunha vivencia da guerra desde o lado dos outros.

O PATADÓN (LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL)
Un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón disparado contra o ceo coma un foguete, percorrendo o mundo, provocando enormes sustos,choques, caídas e potes, causando tremendas impresións a persoas que se entretiñan en calquera ocupación, e moito máis ca un apuro. Divertidísimo álbum para os primeiros lectores de Manuel Lourenzo González. Textos rimados. Ilustracións de grande forza de Andrés Meixide.