Resultados de la búsqueda para: Lois Pereiro





POESÍA COMPLETA LOIS PEREIRO
«O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita. Os poemas e os relatos de Lois Pereiro sitúan os seres na liminalidade porque el tamén estaba aí, na fronteira. Moitos dos seus poemas son escenas cinematográficas nun espazo fronteirizo e cuns protagonistas sumidos no movemento e na inestabilidade vital. Literatura urbana ambienta-da nos espazos públicos (rúas, trens, metro, bares...) coma as películas de David Lean e Win Wenders. A linguaxe do cine vén suplir, desta maneira, aquilo que resulta indescritible na escrita e mostra o que sucede no labirinto da cidade». Son palabras de Ana Acuña, a profesora e investigadora responsable desta edición da Poesía completa de Lois Pereiro, que Xerais reúne por primeira vez.

BREVE ENCUENTRO . UN ACERCAMIENTO A LA VIDA Y A LA OBRA DEL POETA LOIS PEREIRO (FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO)
Poeta gallego de culto, poeta maldito, punk amable, gótico, contractual, vanguardista, tintinófilo, apasionado de la música, el cine y los cómics, Lois Pereiro (Montforte de Lemos, 1958 – A Coruña, 1996) pasó su infancia y adolescencia entre Montforte y O Incio, la aldea de sus padres en la montaña lucense. Vivió como estudiante de idiomas en el convulso Madrid de finales de los setenta y primeros ochenta. En 1981 resultó afectado por el síndrome del aceite tóxico. De vuelta a Galicia reparte su vida entre Montforte y A Coruña, conviviendo con las secuelas de la enfermedad, que ya no le abandonaría nunca. Viajero en tren, caminante infatigable por Berlín, París, Edimburgo, Praga, tras las huellas de sus ídolos literarios (Baudelaire, Thomas Bernhard, Peter Handke, Verne, Valéry, Jarry, Dylan Thomas, y tantos otros). Falleció en A Coruña a la edad de 38 años. Lois Pereiro es autor de poemarios como Poesía 1981-1991 o Poesía última de amor y enfermedad; ensayos como Modesta proposición para renunciar a hacer girar la rueda hidráulica de una cíclica historia universal de la infamia, la novela Náufragos del paraíso o el diario Conversación ultramarina. En 2011 la Real Academia de la Lengua Gallega lo eligió como autor homenajeado en el Día de las Letras Gallegas. Desde entonces ha pasado de ser un escritor muy apreciado en círculos reducidos a convertirse en uno de los poetas más queridos y que más ha conectado con las nuevas generaciones de lectores. Como diría su amigo Manuel Rivas “el clásico que tenía la literatura gallega sin saberlo”.

LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO . UN ACHEGAMENTO COMIQUEIRO Á BIOGRAFÍA E Á OBRA DO POETA (FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO)
Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica " non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo " .

LOIS PEREIRO. NÁUFRAGO DO PARAÍSO. . BIOGRAFÍA E ANTOLOXÍA (CALVEIRO, MARCOS)
Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal. Aqueles anos de Loia en Madrid, nos que percorreu os camiños do entusiasmo e da fatalidade. As viaxes europeas na procura de acordes e descubertas. Os últimos días na Coruña, cando intentaba vivir onde o vento sopraba. A familia, os amigos, a paixón, a escrita artellan este emocionante relato miniado con agarimo e admiración polo escritor Marcos Calveiro. Unha biografía que se completa cunha detallada cronoloxía, un caderno fotobiográfico e unha antoloxía poética do autor homenaxeado o 17 de maio de 2011.

A PALABRA EXACTA. BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO (RODRÍGUEZ LÓPEZ, ANTONIO)
A biografía que presentamos é un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, dalgún xeito, o reivindicaron. O resultado é un libro con múltiples puntos de vista onde se profundiza na figura e na obra dun dos escritores que mellor representa a individualidade en procura de sentido na sociedade contemporánea.