Resultados de la búsqueda para: Francisco Fernández del Riego





EPISTOLARIO A FRANCISCO FERNANDEZ DEL RIEGO
A correspondencia de Carballo Calero a Paco del Riego son a constatación dunha profunda amizade e tamén a crónica dunha época. Ao longo de cincuenta anos, estas cartas reflicten o proceso de elaboración da obra dun dos grandes intelectuais galegos do século XX. Desde o galeguismo da época de 1930 ata o período na cátedra de galego da Universidade de Santiago, pasando polo silencio da Guerra Civil, o cárcere, a relación coa Editorial Galaxia ou a entrada na Real Academia Galega, a correspondencia reuinida neste libro permite un contacto directo coa personalidade do inesquecible profesor e co seu tempo.

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. GALEGUISTA DE ACCIÓN E CULTURA
A vida de Francisco Fernández del Riego desenvolveuse na dicotomía home de acción-home de cultura. Contactou moi cedo co pensamento galeguista e iniciou, moi cedo tamén, o seu arduo labor como creador literario e ensaísta. A cantidade e a calidade do labor que ten impreso abrangue a literatura, a etnografía, a lingua, o pensamento, os libros de viaxes e outros aspectos da cultura, moitos deles de especial relevancia cando saíron do prelo.

CARTAS AO MEU AMIGO. EPISTOLARIO MINDONIENSE A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 1949-1961 (CUNQUEIRO, ÁLVARO)
Cunqueiro e Fernández del Riego, ambos das terras altas da provincia de Lugo, coñecéronse moi novos, nos anos de bacharelato, e fixeron xuntos o camiño todo da vida. En 1949 Cunqueiro volve a Mondoñedo, logo dunha fracasada experiencia en Madrid. A Guerra Civil separará temporalmente aos dous amigos. Cunqueiro no bando dos chamados nacionais. Del Riego, en Vigo, logo de ser represariado na universidade. Un Cunqueiro deprimido, arredado de case todo, recibe as cartas do seu amigo animándoo a seguir e, sobre todo, a non afastarse das letras galegas, que con tanto éxito ensaiara na poesía antes da Guerra Civil. A profesora Dolores Vilavedra, da Universidade de Santiago, preparou esta edición, cun ensaio coidadoso que enmarca a correspondencia no seu contexto, precedido dun limiar do propio Francisco Fernández del Riego.

ANTOLÍN FARALDO, O GRAN SOÑADOR (FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO)
Entre os pioneiros da idea do diferencialismo galego está este betanceiro que no século pasado perfilou a idea, hoxe primitiva, do Provincialismo. A obra que presenta Fernández del Riego, co rigor que o caracteriza., pode servir, á parte de excelente material de consulta, como referencia concreta no estudio das materias que se ocupan da Historia de Galicia.

PEREGRINACIONES A SANTIAGO (FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO)
Peregrinos de toda condición, nobles e plebeos, poetas, músicos, mercaderes, papas de Roma, cortesanas condenados que viñan redimir as súas penas, santos e pacadores percorreron os vieiros da peregrinación que os levaban a Compostela, a Xerusalén de Occidente. Francisco Fernández del Riego conta a súa historia, o milagre que non cesa.