Unha obra que cobre un espazo no panorama editorial galego que desde hai xa ben tempo debía estar ocupado. Pola importancia de que se dota a historia da evolución do noso principal sinal de identidade como galegos, polo rigor con que está elaborada esta viaxe lingüística a través dos séculos, polo seu carácter case inaugural e mais pola ambiciosa intención globalizadora que rexe o traballo, o presente manual de Gramática Histórica Galega constituirá, a partir de hoxe, unha referencia imprescindíbel e unha ferramenta necesaria para calquera persoa que se quixer aproximar á nosa lingua.