Con este primeiro diccionario latín-galego que se publica conséguese ampliar a lista de ferramentas tan necesarias para unha verdadeira normalización da nosa situación cultural e lingüística. Trátase, neste caso, dun dicionario básico pero completo que aspira a ser un instrumento útil tanto para principiantes de estudos secundarios como para estudantes de latín da universidade. Inclúese un léxico latino dabondo completo das etapas clásica, preclásica e posclásica e mesmo do latín chamado dos cristiáns. Ademais, aparecen nomes propios e danse os significados ou equivalencias de cada palabra latina da maneira máis completa posible, aclarándoos a través de varios sinónimos e numerosos exemplos. O dicionario complétase cun apéndice morfolóxico de moita utilidade práctica.