-É un treito de fronteira morta --engadiu Ortiz-. De maneira que non mudou nunca, sempre continuou sendo como hai un século. -¿Como, " fronteira morta " ? -Unha fronteira que non preocupa. Diante hai un grande deserto. -¿Un deserto? -Efectivamente, un deserto, seixos e terra seca; chámano o deserto dos Tártaros.