Un merlo nace branco… é diferente… ¡Vaiche boa!… e ten problemas. Ninguén o quere. Emprende unha viaxe chea de divertidas aventuras. Quere ser gaivota, cotorra, flamengo, pomba, ou calquera outro paxaro que teña por norma ser branco… ata que todos se decatan de que o mellor para un merlo (branco, negro, azul, vermello, amarelo…, ¡que máis dá!) é ser merlo. ¡¡Nin máis nin menos!!