Desenvolverse en inglés xa non ten por que ser un obstáculo insalvábel; traspasar as barreiras lingüísticas e comunicativas está ao alcance de calquera persoa e á orde do día. Ideaspropias Editorial ofrécelle a posibilidade de pór fin a estas barreiras comunicativas presentándolle este manual, co que poderá coñecer, aprender e practicar as expresións típicas e fundamentais da lingua inglesa, así como adquirir nocións básicas de gramática e vocabulario. Todo iso poderá poñelo en práctica en diferentes situacións comúns (aeroportos, congresos e convencións, tendas, axencias de viaxe, restaurantes, hoteis, etc.), nas que logrará desenvolverse con éxito. Na actualidade, a nosa sociedade está inmersa en continuos cambios. Afortunadamente, dispoñemos dunha ferramenta importante que permite unha xestión empresarial eficaz, isto é, a atención ao cliente. O fin primordial que persegue este material didáctico é garantir a satisfacción dos clientes; obxectivo que se conseguirá única e exclusivamente se existe unha axeitada relación con estes. En definitiva, con este manual trátase de realizar un breve percorrido a través das diferentes áreas que se engloban dentro do campo da atención ao cliente.