XELO, trasniño de 3 anos, amigo dos nenos, simpático, próximo, alegre e divertido. Ten dous amigos inseparables, Chisquiño (o paxariño que fai feliz co seu canto a quen o escoita) e Lourenza (a graciosa tartaruga que chegou nunha caixiña de agasallo); os tres recrean coas súas aventuras de "refachos máxicos" o mundo feliz dos soños infantís.