Quique está preparando o seu bocadillo de chourizo na cociña da súa casa, cando oe un terrible ruído de cristais. Moi asustado, percorre a casa para saber que sucedeu; finalmente descubre que o cristal da ventá do seu cuarto ten un burato, producido por un proxectil moi estraño... A partir dese momento, Quique e a súa amiga Laura veranse envoltos nun misterio para o que buscan resposta. Dispoñible Xogo de Lectura (número 36).