Arte + educación ofrece unha serie de achegas analíticas desde distintos campos de actuación: a creación, a educación, a docencia e a mediación artística. Analizando modos, técnicas e responsabilidades, reflexionando sobre o rol das institucións e sobre se estas poderían absorber novos modelos de mediación horizontal e participativa.