Na literatura popular galega son abundantes as historias de aparecidos e da Santa Compaña. Historias que o autor xulga como creación cultural estimable que permite, entre outras cousas, mitigar a angustia ante a morte, transmitir normas básicas para a convivencia e reforzar as relacións sociais. E por suposto, como tema literario, conta con tódolos ingredientes para interesar e emocionar a oíntes e lectores.