O doutor Nogueira é un científico millonario que oculta a súa verdadeira identidade. Coma os superheroes que admira, vive entregado a unha nobre causa: loitar contra os problemas que impiden a felicidade do xénero humano. Desde o seu laboratorio secreto, idea orixinalísimos remedios para todo tipo de problemas; pero as súas delirantes propostas acaban producindo efectos non desexados que provocan o caos entre a poboación. O laboratorio do doutor Nogueira é unha narración chea de humor e ironía, que nos ofrece unha intensa ollada crítica sobre a sociedade actual.
![](https://www.anecdonet.com/libros-recomendados/wp-content/uploads/9788497825030.jpg)