Este texto, narrado nunha das terceiras persoas máis famosas da Historia da Literatura, relata a conquista da Galia polo seu autor. A obra foi concibida como un relato de campaña bélica destinado a fornecer dunha fonte de primeira man a historiadores posteriores, pero tamén como unha arma de propaganda: neste senso, o seu fi n foi incrementar a influencia da figura de César na opinión pública informada da antiga Roma, e así servir de alicerce para a concreción das súas ambicións de poder. Por iso, A guerra da Galia constitúe unha fonte da maior importancia para comprender o seu xeito de actuar, así como a súa personalidade. Os efectos sobre o territorio da conquista de César séntense aínda hoxe, pois a administración da Galia como provincia converteuna nunha peza básica do Imperio Romano, da que xurdiría o reino medieval dos francos e o futuro estado francés.