A cadela Pelusa é paracaidista; Brisca, de raza chihuahua, traballa nun circo e a Suko gústalle o punk. Percho, un enorme san bernardo, está sempre disposto a axudar, como Pepo, que soña con ser can policía. Estes son só algúns dos protagonistas deste libro, no que Carlos López preséntanos unha vintena de historias que lle suceden a outros tantos cans de razas moi diferentes.