O universo narrativo de Franz Kafka sorpréndenos ao reparar en aspectos inusitados da existencia. A súa obra literaria é unha das de maior prestixio e marcou a evolución da narrativa durante todo o século XX. Un médico de aldea toma o título dun dos tres libros de relatos que Kafka publicou en vida. Neste primeiro volume das narracións completas inclúense todos os relatos, tanto os publicados por el coma os que deixou inéditos, escritos polo autor de Praga ata 1917, data na que cae enfermo de tuberculose. As narracións aparecen nesta edición ordenadas cronoloxicamente segundo o momento no que foron escritas; o lector ou lectora pode consultar a datación que xustifica esta orde nas notas finais. Dese xeito pódese seguir doadamente a evolución da narrativa de Kafka ao longo deste e o seguinte volume, que se publicará en 2005.