SINOPSE Que será daqueles que non poderán deixar constancia de si? Se do que non se fala non existe, quen ?existe?? Nunha época na que unicamente se valora o éxito a calquera prezo, na que futbolistas e modelos se erixiron en exemplos a seguir, esta novela é unha homenaxe ós feos, ós perdedores, ós desposuídos. Instalados no reverso, no underground, solitarios, bebedores e vagabundos rúan como retratos de sombras polas páxinas de Fin de Festa. ******************************************************* ?A identidade Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundo día de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaran os freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza de catro latas brillantes afumando ós sufridos peóns. Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avó de branco e vermello; cando era cativa vogueina a carón de papá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo, en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.