Torrente Ballester percorre Ferrol desde a ría e o mar, desde as festas populares, desde a música, desde a xente... unha serena viaxe da man dun dos seus fillos máis célebres. Tamén a literatura se fixa nesta terra, como mostra a descrición de Unamuno: aquelas longas rúas parecen feitas adrede para fitar de lonxe aquelas mozas da rúa que pasan barrendo os ollares coa traíña da súa caste e fachenda, mentres inzan a rúa co seu aquel de señorío.