Filiberto e Sofonisba son unha parella de corvos que casou hai moito tempo en Finlandia o mago Vainamoinen e que chegou de ben antigo á fraga de Dorneda. Disque por eles semella non pasar o tempo. El ten grandes coñecementos, e rara é a cousa que non sabe, incluída a fala humana. Por feitos coma este, aqueles devanceiros empezaron a respectalos e mesmo a consentir que xogasen cos seus cativos, algo que sabe todo o mundo na fraga dende tempos distantes.