Guillem, xornalista e escritor, viaxa a Santiago de Compostela a entrevistar ao derradeiro membro vivo da Xeración Nós. A casualidade pono na pista de Evelyn Moore, unha muller á que estivera vinculado quince anos atra¿s e que desaparecera misteriosamente da súa vida, deixándolle un feixe de enigmáticos papeis que agora empezarán a cobrar sentido.