o Discruso do método é unha obra clásica da historia da filosofía que aparece por vez primeira en lingua galega mester á traducción do profesor Miguel Vázquez freire. Un clásico do pensamento cartesiano, considerada como unha das obras fundantes da modernidade, que se une ao esforzo da serie Deliberacións, de Xerais Peto, por ir constituíndo unha biblioteca en lingua galega daquelas obras claves na construcción do pensamento da humanidade. Esta versión galega ten a pretensión de ser divulgadora. por iso o traductor fuxiu de amorerar notas, reducindo estas ás mínimas necesarias para facilitar a mellor comprensión do texto.