Este libro de memorias está elaborado con vellas vivencias que a literatura transforma nunha arte sinxela e gozosa, amable e tranquila, como o remanso apetecido despois de moitos anos de voltas e máis voltas. Escritas cunha prosa brillante e de gran plasticidade, lense con verdadeiro agrado.