Na noite do seu ritual de iniciación como membro da orde de RAM, o narrador deste libro comete un erro que delata a súa cobiza e a súa soberbia. Daquela, o seu mestre desposúeo da súa condición de mago e anúncialle que para recuperar a súa espada terá que percorrer unha estraña ruta medieval que conduce ata Santiago de Compostela. Este é o segundo libro de Paulo Coelho que se traduce ao galego.