Primeiro e segundo volume do libro Toda vai na natureza no que se recollen as prácticas de Bioquímica, célula, contaminación, solos e as relacionadas co mundo vexetal, tendo presente que o material requirido para a súa elaboración se poida atopar sen dificultade en calquera laboratorio. O deseño das actividades fíxose tendo en conta que as sesións prácticas non superan os 45 minutos, incluíndo no tempo estimado a manipulación e tamén o estudo do material. O prezo é dos dous volumes.