O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago e a súa posterior veneración resultou, desde os primeiros tempos, un acontecemento para a Europa cristiá. Persoas de todos os países, clases e condición comezaron a peregrinar a Compostela movidos pola fe ou por outros intereses. A través das páxinas deste libro, o pequeno lector poderá seguir e coñecer, de xeito divertido, que o Camiño de Santiago está formado por rutas incontables que constituíron ao longo da historia un lazo de unión entre os pobos europeos. Este magnífico proxecto complétase cun entretido e interactivo CD, que ha facer que o neno poña a proba todo o que sabe verbo de tan interesante percorrido.