Agora xa foi transcorre na Galiza de 1971, un ano fronteirizo e ambiguo, no que as cousas de puro claras eran equívocas. En Agora xa foi chouta o conflito entre amor e adversidade, camuflado o primeiro sentimento na seguridade que inspiran os dogmas. A historia dun grupúsculo ultraesquerdista nos prolegómenos dunha acción é o pretexto para que Vicente Araguas desenguedelle un estilo característico, cheo de tenrura, humor, escepticismo e distanciamento. Araguas, igual que o seu protagonista Fandiño, casa con todos e non casa con ninguén, sendo o seu debut como novelista o inicio/indicio dunha andaina que promete sentimento e diversión cando non aberta polémica. Ilustración da capa: Raimundo Patiño