Nunha pequena vila da costa galega, nos tempos da infancia dos teus avós ou mesmo antes, unha das dornas non volveu ao porto logo da xornada. Algo misterioso fixo envorcar a barca e Manolo perdeu a vida. Desde ese día, Noliño, fillo do mariñeiro desaparecido, non deixa de pensar na desgraza e teima por pescudar a causa da morte de seu pai. Un día que o avó saíu a pescar, pola madrugada, agochouse na dorna para lograr chegar ao caladoiro do naufraxio.