Esta obra é unha síntese das teses de doutoramento de Xosé M. Beiras e Abel López. Abrangue practicamente todo o século XX, ocupándose da distribución espacial da poboación, a estrutura por idades, o movemento natural, os movementos migratorios, a actividade e a problemática resultante (estancamento da poboación, espallamento do hábitat, caída da natalidade e avellentamento, emigración, cambios na distribución sectorial da poboación ocupada, etc.). Escrito nun estilo acesíbel, sen perder por iso o necesario rigor cientifíco, este libro singular segue a ser o único que analisa de modo exhaustivo unha cuestión tan crucial para o futuro do noso país.