A mascota de 3 anos, Peluxe, caracterízase pola súa tenrura e a súa excesiva dependencia. Pouco a pouco, irá aprendendo a ser máis autónomo, sen perder por iso a súa dozura e inxenuidade. É sociable e gracioso. Procura saudar, atender e axudar ós demais. Pero non sempre lle sae ben porque a súa inconsciencia o leva a facer cousas sen medir as consecuencias. Tamén é servicial, cariñoso, agarimoso e afectuoso, pero un pouquiño parado e indeciso. Prefire que outros decidan por el, pero pouco a pouco irá tendo as cousas máis claras.