Que bonito me quedou o debuxo! dixo Osiño. Ola, Galiña. Este debuxo é para a Avoa. Podes levarllo? Podo, si dixo Galiña. A Avoa encantoulle o debuxo. Este bico é para Osiño dixo ela. Podes darllo, Galiña? Estarei encantada de facelodixo Galiña
Un bico para Osiño é un relato breve, humorístico, cheo de afecto e de amor. Afecto de Osiño cara a Avoa Osa, a quen obsequia cun debuxo e cun bico que vai transmitíndose dun animal a outro, entre os habitantes do bosque, ata chegar á súa destinataria final. Un bico itinerante e acumulativo, que ademais ramifícase nunha historia de amor paralela cun final que enche de felicidade a toda esta entrañable veciñanza faunística.