Unha alfaia poética e artística de Ana Santiso. En Cidade Cemento hai un ceo de fume, hai xente que vai pola rúa ensumida, e xente que vén mirando o seu móbil. Hai un capitán que agarda o seu barco, sentado, calado, onde para o tranvía. Hai unha nena que busca e descobre e invéntase un mundo de cor e contento para alumarlle os días a Cidace Cemento.