Gretchen é unha rapaza de catorce anos. Ela e a súa familia, os Sackmeier, son coñecidos na veciñanza como os Cinco Sacos. Todo empeza a cambiar cuando a súa nai, Elisabeth, se rebela e decide darse unha oportunidade como muller: ponse a traballar co desexo de poder retomar os estudos e converterse en asistenta social, ademais, ponse a dieta para mellorar a súa imaxe e crecer en autoestima. O seu marido non ve con bos ollos tanto cambio.