O presente libro nace co obxectivo de encher un baleiro existente no panorama galego das oposicións e, ao mesmo tempo, quere servir de elemento imprescindíbel na preparación das probas de coñecemento da lingua galega para acceder aos distintos postos nas diferentes administracións da nosa comuidade autónoma. Esta obra está estruturada dun xeito moi sinxelo. Iníciase cunha aproximación teórica dos dezanove temas que nós estimamos oportunos que todo opositor debe coñecer para superar un proceso selectivo deste tipo. A continuación ofrecemos unha mostra das preguntas que nós consideramos máis importantes. Noutro apartado ofrecemos os exames oficiais que foron aparecendo nos distintos procesos selectivos.