Neste ensaio, Ramón Máiz estudia O pensamento de Mur´guía e mais concretamente a incidencia do mito celta e da idea de raza sobre unha ideoloxía de base liberal-progresista, tema ó que aplica as últimas técnicas de análise do discurso (Xusto G. Beramendi, Tempos Novos). Esta obra, que recolle o froito da investigación de Ramón Máiz catedrático de Ciencia Política da Universidade de Santiago, referénciase en Murguía, o primeiro autor que vencella explicitamente nacionalismo e historiografía académica da universidade galega do posfranquismo. Na obra de Murguía ``A orixe céltica reformúlase como un auténtico mito fundador central da comunidade nacional´´ (M. Blanco Rivas, Faro de Vigo). Murguía foi o máis destacado representante do galeguismo e da historiografía galega no século XIX. (...) Murguía adicarase a escribir exclusivamente sobre Galicia e iniciará o seu labor intenso e continuado como ideólogo do galeguismo e promotor e organizador de actividades e institucións culturais e políticas (...) con Murguía a historia de Galicia configúrase como historia nacional (Diccionario da Literatura Galega).