O home poliédrico -avogado, poeta, conferenciante, xornalista, político, empresario, etc.- que destacou polo seu compromiso con Galicia queda reflectido nesta Fotobiografia en todas as suas dimensións a través das máis de cen fotografías do seu álbum familiar. Unha mirada particular á intensa traxectoria vital do pontevedrés acompañada dos textos de Miguel Anxo Seixas Seoane.