As relacións Banca-Industria en España e en Galiza teñen rexistrado unha evolución desde un modelo orixinariamente continental até un modelo universal, cun carácter cada vez máis anglosaxón. O fracaso do modelo de desenvolvemento, acabou contaminando os balances bancarios e forzou o abandono de posicións industriais. Este abandono foi moito máis intenso en Galiza. As entidades financeiras galegas perderon peso participativo na industria autóctona, e expulsaron unha gran parte do aforro xerado no noso País por medio das cesións de tesouraría e a súa participación en fondos de investimento. As consecuencias deixáronse sentir sobre a estrutura de financiamento e sobre os resultados empresariais das empresas autóctonas, actuando como freo das posibilidades de converxencia da economía galega