O comportamento que ten por obxecto influír no político, ámbito no que conflúe a práctica totalidade dos comportamentos dunha sociedade, revela multitude de facetas, moitas veces contradictorias e con frecuencia pouco coñecidas. Ata agora, os comportamentos políticos dos galegos, en especial aqueles que se deixan ver a través dos resultados electorais, recibían explicacións meramente institucionais, en ocasións ideolóxica e políticamente interesadas.Este libro constitúe un primeiro intento de desentrañar as razóns ocultas e, ás veces, voluntariamente esquecidas,que latexan detrás dos comportamentos particulares que revela o electorado galego. Para o cal, o autor efectúa un longo percorrido sobre os procesos sociais, económicos e culturais que viviu esta sociedade dende os anos sesenta, e sobre os que se asenta tanto o presente como as posibilidades de escribir o futuro en clave novidosa.A través das súas páxinas enuncianse as grandes interrogantes que ten abertas a sociedade galega e avánzanse algunhas das posibles contestacións.