Para a xente da súa aldea, Silvano é un neno raro: gústalle escribir poesías. A incomprensión que sente desaparece cando coñece a Omar Grandal, dono dunha compañía de teatro ambulante, que lle transmite a súa paixón polos versos e lle confía o coidado dos seus cabalos Zoa e Azor. Pero o seu curmán Tomás e os amigos deste están sempre prestos a facerlle sabotaxes.