Este volume non pretende facer unha escolma do importante teatro medieval francés, só quere completar a edición de Farce de Maistre Pathelin, unha das pezas clásicas do teátro cómico universal, con duas breves pezas de non menor interese: o mnólogo do Franc Archier de Baignollet, obra mestra no seu xénero, e o Dit de l'Herberie, onde Rutebeuf fai unha proposta dramática que permite ver a evolución do teatro monologal.Desta maneira, o lector pode acompañar unha escrita dramática recuada no tempo, mais próxima da súa sensibilidade, unha proposta teatral de orixe francesa, mais de validez xeral.