Nesta parte xeral estúdiase, partindo do antigo réxime, cómo se produxo a división territorial da que xurdiron os actuais concellos e as alteracións que sofreu logo, e tamén, pola influencia e dependencia que en certo modo impuxo sobre a división municipal, a xudicial e provincial. Ademais da división territorial e das súas incidencias, preténdese poñer de manifesto as liñas esenciais do desenvolvemento dos actuais concellos galegos, dende o seu nacemento arredor do 1836, ata o de agora, e non só nas súas dimensións e estructuras territorais e poboacionais, senón legais, económicas e funcionais, en canto todas elas determinan o seu desenvolvemento, as súas virtudes e as súas eivas, a súa utilidade, etc.