Neste pequeno manual resúmense, con pretensión divulgativa, os datos fundamentais que explican o conflictivo proceso de desintegración de Iugoslavia. Ao respecto analízanse a natureza do Estado federal en vigor ata 1991, o pulo dunha modalidade agresiva de nacionalismo en Serbia na segunda metade do decenio anterior, as guerras desenvolvidas en Eslovenia, Croacia, Bosnia e Kosova, e o papel asumido por unha comunidade internacional claramente dividida e pouco comprometida cos valores que retoricamente enunciaba. O libro permite albiscar, tamén, os numerosos problemas que quedan por resolver nun escenario onde, alén dos conflictos rexistrados, agroman moitos dos elementos de terceiromundización que se revelan no conxunto da Europa central e oriental.