O máis axeitado dicionario da lingua galega normativizado para os niveis educativos de Secundaria e Bacherelato. Conta con máis de oitenta mil acepcións e máis de trinta mil entradas. Contén información etimolóxica, estranxeirismos e latinismos, termos científicos, técnicos e novas entradas do léxico específicos de áreas de interese recente, entre as que destacan a estatística, a mercadotecnia, a informática, Internet e a xenética. Léxico relativo a etnias e pobos, xentilicios e topónimos. Remisións de sinonimia e antonimia. Inclúe tamén entradas falsas de grande axuda nun momento de transición por mor da mudanza normativa recente. Entradas: 30.000 / Acepcións: 80.000