As dúas pezas do singular autor Xan da Cova que aquí se presentan, La Galiciana (1861) e María Pita (1862), están entre as primeiras mostras do teatro galego do século XIX.A pesar de seren discutíbeis este textos desde unha óptica literaria e de ocupar o seu autor un espazo secundario na literatura galega -lugar que así e todo cómpre reivindicarmos-, a revisión da súa obra que Goretti Sanmartín emprende no seu pormenorizado estudo, lévanos a salientar a súa importancia como testemuño histórico e lingüístico dunha época caracterizada pola moi escasa tradición dramática monolingüe.Para alén de La Galiciana, que xa foi editada con anterioridade, este volume recolle a peza inédita María Pita, que se desenvolve no Palacio do Gobernador de Galiza tras a vitoria conseguida en 1589 sobre o exército de Francis Drake, centrándose nas figuras de dous dos principais protagonistas deste episodio histórico, o Marqués de Cerralbo e a heroína coruñesa. Porén, o autor non perde a oportunidade de introducir unha historia de amor, conxugando así os dous temas básicos do seu teatro: os motivos bélico e amoroso.